Descubre o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ibérica

MAREAS VIVAS NAS CATEDRAIS

MAREAS VIVAS
NAS CATEDRAIS

Monumento Natural

Estamos ante un incrible Monumento Natural que representa unha das marabillas xeolóxicas máis salientables que temos en Galicia, o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ibérica.

Aínda que o seu nome orixinal era “Praia de Augasantas”, hoxe é coñecida como “Praia das Catedrais” pois as súas formacións rochosas lémbrannos os arcobotantes das catedrais góticas. Declarada Monumento Natural en 2005, é ademais un dos LICs (Lugares de Importancia Comunitaria), da Rede Natura 2000, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, así como Reserva da Biosfera desde 2007. Como cada ano renovou a Bandeira Azul e a Q de Calidade Turística.

Localización

Situada na parroquia ribadense da Devesa, é un dos principais destinos
turísticos de Galicia e é considerada como unha das praias máis bonitas do mundo.

Se queremos visitar esta praia e camiñar o areal, é imprescindible acudir en marea baixa. A baixamar é o momento do día en que a auga do mar alcanza a súa mínima altura dentro do ciclo das mareas. A marea non sempre baixa os mesmos metros xa que depende das fases lunares, é en mareas vivas cando máis se retira a auga e poderemos facer unha visita máis completa da praia.

Mareas vivas nas Catedrais

Desde o Concello de Ribadeo, este ano 2023, puxemos en marcha unha nova iniciativa baseada no turismo xeolóxico de inverno coa que pretendemos mostrar a importancia do Monumento Natural praia As Catedrais nos mellores momentos do ano (mareas vivas).

“Mareas Vivas Nas Catedrais” busca dar a coñecer a importancia deste espazo natural a través dunha ruta xeolóxica (XeoRuta) interpretada por un xeólogo profesional.

Ademais, coa túa reserva podes gozar do 10% de desconto nos aloxamentos
adheridos a “Mareas Vivas Nas Catedrais”.

Ademais, coa túa reserva podes gozar do 10% de desconto nos aloxamentos adheridos a Mareas Vivas Nas Catedrais”.

Cómo participar

Adéntrate nesta aventura e admira este espazo natural en Mareas Vivas. Durante a visita poderás descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar aos arcos rochosos da praia de As Catedrais, o maior conxunto de arcos rochosos da península ibérica e a explicación do porqué se concentran un número tan importante deles neste areal.

Accede ao noso calendario e selecciona a túa visita, cada mes terás tres opcións (días) nos que teñen lugar as mareas vivas. Unha experiencia incrible está asegurada. Estas XeoRutas son totalmente gratuítas, só necesitas traer roupa axeitada.

O punto de encontro da actividade, será o punto de información turística das Catedrais:

Ver en google maps

1. Fai a túa reserva
en Mareas Vivas

2. Descarga o documento de
confirmación da actividade

3. Elixe o teu establecemento
favorito

4. Envía a túa reserva da XeoRuta por email ao establecemento

5. Consegue un 10%
de desconto

6. Goza de Ribadeo e
de toda a súa costa

*Promoción válida a través de reserva directa no establecemento e dispoñible só para aquelas reservas realizadas baixo este programa. 
Non será acumulable a outras promocións.

*Promoción válida a través de reserva directa no establecemento e dispoñible só para aquelas reservas realizadas baixo este programa. Non será acumulable a outras promocións.

Aloxamentos

© 2022. Mareas Vivas nas Catedrais - XeoRutas

© 2022. Mareas Vivas nas Catedrais
- XeoRutas

© 2022. Mareas Vivas nas Catedrais
- XeoRutas